XLIV edición
FESTA DA PATACA
de Coristanco
19 e 20 de Setembro de 2026
Festa de Interese Turístico de Galicia.
Hai lugares que se visitan. Hai festas que se desfrutan.
E despois está Coristanco.
Cada setembro, unha simple pataca consegue reunir miles de persoas arredor da cultura, da gastronomía, da música, da creatividade e do orgullo por unha terra única. A XLIV Festa da Pataca é moito máis ca unha celebración: é unha invitación a descubrir un territorio vivo, onde tradición e innovación camiñan da man e onde cada recuncho agocha unha nova experiencia.
DESFILE DE TRACTORES
Espectacular desfile de tractores engalanados, tradición unica.
GASTRONOMÍA
Degustación, concurso de tortillas e o mellor sabor da pataca.
MÚSICA E FESTA
Concertos, verbenas e actividades para toda a familia.
PARA TODOS
Actividades infantis, obradoiros, showcookings e moito máis.
A NOSA FESTA,
A NOSA HISTORIA
A Festa da Pataca de Coristanco naceu en 1980 para poñer en valor o produto que nos identifica: a pataca. Hoxe é unha das festas gastronómicas máis queridas da comarca e Festa de Interese Turístico de Galicia.
GALERÍA
Recordos que saben a festa.
- TODO
- AMBIENTE
- GASTRONOMIA
- ARTE CON PATACAS
- CONCERTOS E ACTIVIDADES
- RECUNCHO INFANTIL
- PROMOCION TERRITORIO
VIDEOS
Revive os mellores momentos da última edición da Festa da Pataca.
MÁIS VIDEOS
INFO PRÁCTICA
Todo o que necesitas saber.
CONTACTO
981 73 30 01
info@festadapataca.gal
CÓMO CHEGAR
Rutas e transporte ata Coristanco.
APARCAMENTOS
Zonas habilitadas para aparcar.
MAPA DO RECINTO
Consulta o mapa con todo os servizos.
SERVIZOS
Baños, puntos de información, accesibilidade...
CONTACTO
981 73 30 01
info@festadapataca.gal
Aproveita a túa visita
Hai lugares que se visitan. Coristanco vívese.
Entre bosques, ríos, lagoas, patrimonio milenario e o sabor da mellor pataca de Galicia, descubrirás un territorio auténtico onde cada recuncho conta unha historia. Natureza, cultura, gastronomía e ceos estrelados únense para ofrecer unha experiencia que vai moito máis alá dunha simple visita.












